O futuro incerto do iPod
En xullo do ano pasado, Apple fixo o que ninguén imaxinaba, renovar un dos seus produtos olvidados. Moitos foron os que predixeron unha morte inminente do famoso repredutor de música, cando de súpeto a empresa da mazá sorprendeunos cun novo iPod Touch. Este iPod renovado incluía unha mellor cámara (de 8 megapíxeles), o chip A8 (que leva o iPhone 6) e unha nova capa de pintura, pero nada máis.
Tras esta última actualización (o máis importante desde 2012) pouco se falou deste produto, e agora preguntámonos, cal é o futuro do iPod?
Se analizamos os resultados fiscais de Apple a partir de 2010 ata hoxe, podemos ver como as ventas do iPod foron caendo ano tras ano. Os ingresos grazas ó IPod actualmente non representan nin o 6 % das vendas totais, o que é un claro indicador de que xa non é un produto demandado .
Cal é o motivo de tal declive?
Principalmente os smartphones. Hoxe, cando escoitamos música non necesitamos o noso mp3, porque para iso xa temos os nosos móviles. Tamén no mundo de Apple, cando queremos escoitar música xa non acudimos ó iPod, senón que usamos o iPhone que nos ofrece todo o que pode dar un reprodutor de música. Por tanto, poderiamos dicir que o iPod xa non é tan necesario como o foi hai unha década.
Cal é o motivo de tal declive?
Principalmente os smartphones. Hoxe, cando escoitamos música non necesitamos o noso mp3, porque para iso xa temos os nosos móviles. Tamén no mundo de Apple, cando queremos escoitar música xa non acudimos ó iPod, senón que usamos o iPhone que nos ofrece todo o que pode dar un reprodutor de música. Por tanto, poderiamos dicir que o iPod xa non é tan necesario como o foi hai unha década.
Cal é o futuro do iPod?
Isto é algo que non pódese saber con certeza, pero ollando á actualidade deste produto, podemos prever que, polo momento, non veremos ningún dispositivo desta familia, e, no caso dunha actualización sería dentro de dous ou tres anos. Tamén pode ocorrer que Apple o retire do mercado, terminando así ca vida dun dos produtos de maior éxito no mundo e da historia da compañía, un produto que foi a principal fonte de ingresos da empresa durante os primeiros anos despois do seu lanzamento.
Dende o meu punto de vista, que Apple retirara este produto sería moi triste porque polo menos para min, o iPod foi un dos primeiros produtos que tiven da marca (iPod Touch de cuarta xeración), e sentiríame moi nostálxico vindo como desaparece. Creo que Apple deixarao á venda por un ou dous anos para obter o máximo beneficio pero, como sempre, o futuro é imprevisible e incerto.
E vós que pensades? Credes que desaparecerá? Vos gustou o artigo? Deixádemo nos comentarios!! Polo de agora vos deixo un vídeo da review destos produtos. Saúdos!



